O Traballo de Fin de Máster é un traballo de carácter teórico e/ou práctico (experimental) sobre os aspectos relacionados coas materias do mestrado, realizado polo estudantado de maneira individual e supervisado por unha persoa titora pertencente ao profesorado do mestrado. O traballo estará orientado á avaliación das competencias asociadas co título do Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca.
Para a súa realización requírese estar matriculado da materia correspondente, e, para a súa defensa, que o estudante superase todas as materias do título, incluidas as Prácticas Externas. É por iso, que ha de realizarse na fase final do plan de estudos e estar claramente orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.
O estudantado, ao finalizar o período formativo do TFM, e dentro das datas establecidas pola CAM, deberá:
- Elaborar unha Memoria de TFM (editada seguindo o formato descrito no documento Normas de elaboración do TFM), na que debe constar obrigatoriamente o visto e prace das persoas titoras do traballo.
- Presentar ante o tribunal avaliador un resumo oral do TFM, atendendo ao disposto na normativa.
Normativa
Formularios de propostas de TFM
Traballo Fin de Máster Bienio 2026–2028
Coordinación do TFM
María Asunción Longo González